viernes, 5 de octubre de 2012

Direccións IP e MAC

Nesta entrada citarei brevemente cunha pequena definición as dirección IP e MAC:

    - Unha dirección IP e unha etiqueta numérica que identifica, de maneira lóxica e xerárquica, a un interfaz de un dispositivo dentro dunha rede que utilice o protocolo IP que corresponde ao nivel de rede do protocolo TCP/IP.Esta dirección aparece no sistema decimal. 



    - A dirección MAC e un identificador de 48bits para identificar de forma única a tarxeta de rede e non depende do protocolo de conexión utilizado nin da rede.Esta dirección aparece no sistema hexadecimal.



A continuación mostrarei onde atopamos as direccións dun ordenador con sistema operativo UBUNTU (Linux):

Na esquina dereita superior da pantalla principal (escritorio)  aparece o seguinte icono facemos click nel e aparecenos unha listaxe, nela pinchamos en "información de la conexión".
E aparecenos a seguinte ventana:


                                


  - A dirección IP en binario sería a seguinte: 1000101110011100000111101011
  - A dirección MAC en binario sería seguinte: 110110011110000100100111100001100000011110

martes, 2 de octubre de 2012

Sistemas de Codificación

  Aquí vos deixo os tres sistemas de codificación MORSE, BAUDOT e ASCII:
  • Código MORSE: Coñecido tamén como "alfabeto morse". Trátase dun sistema de representación de letras e números por medio de señales emitidas de forma intermitente. Exemplo: Iván <----> . .. . . -. -- .
       Fai click neste ligazón para obter máis información: Código Morse

  • Código BAUDOT: Recibeu este nome en honor o eu inventor Émile Baudot, é un xogo de caracteres predecesor do EBCDIC e do ASCII  e foi nuns principios utilizado sobre todo en teletipos.                                              Exemplo: Iván <----> ...ooo. ooo..o..oo.oo
       Fai click neste ligazón para obter máis información: Código Baudot

  • Código ASCII: Este código esta basado no alfabeto latino.                 Exemplo: Iván <----> 73 86 65 78
      Fai click neste ligazón para obter máis información: Código ASCII

viernes, 28 de septiembre de 2012

SAMSUNG segue traballando...

             A compañia coreana sacou a luz no seu país de orixe o novo SAMSUNG GALAXY NOTE 2 ,que moi pronto chegará a 128 nacionalidades máis, este é o smartphone coa pantalla HD máis grande do mundo unha de 5,5 pulgadas.

             As características que presenta este smartphone son impresionantes un procesador quad-core a 1.6GHz, 2GB de RAM, sistema operativo Android 4.1, cámara frontal de 1.9 megapíxeles e traseira de 8 megapíxeles. Inclúe tamén unha batería de 3100mAh, dispón de WiFi, NFC e a súa memoria interna pode ser de 32GB ou 64GB según queiramos.

                                                                                                                                                           

  -Tecnomagazine.net
  - Europapress
  - Gizmologia